COMERCIO LOCAL

El comercio entregó los premios de la campaña “Merca en Verín"

Premio Verin1_result
photo_camera Miguel Vega, flanqueado por José Ángel Rodicio, a la izquierda, y Santos Álvarez.

O ganador poderá gozar do seu premio, a partir do 3 de xaneiro, realizando compras por un importe de 1.000 euros en, polo menos, cinco establecementos de asociados a asociación

O presidente da Asociación de Comerciantes de Verín (Aever), Santos Álvarez, e o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio; acompañados do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e da responsable da cámara de comercio en Verín, Susana Boo, fixeron entrega do premio de 1.000 euros correspondente á promoción “Este Nadal merca en Verín” a Miguel Vega Vega durante a Gala Máxica de Aever, celebrada no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. No evento tamén se entregaron os correspondentes cheques regalo aos gañadores do Concurso de Escaparates de Verín 2016. 

O premio da promoción “Este Nadal Merca en Verín" entregouse mediante un sorteo presencial  no Pavillón Municipal de Deportes. No mesmo participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos establecementos asociados a Aever, do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros. 

O ganador poderá gozar do seu premio, a partir do 3 de xaneiro, realizando compras por un importe de 1.000 euros en, polo menos, cinco establecementos de asociados a Aever, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

Ao finalizar a gala tamén se fixo entrega -por parte do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e da responsable da cámara de comercio en Verín, Susana Boo- dos correspondentes cheques regalo aos gañadores do concurso de escaparates de Verín 2016: Ángela Moda, Aquaerea e a tenda de roupa infantil Chiqui.

Te puede interesar