A Orquestra de Sopros de Chaves viaxa ata Verín o 22 de xullo

Orquesta de Chaves
photo_camera Orquestra de Sopros da Academia de Artes de Chaves.
As entradas son gratuitas e poden adquirirse na sala de exposicións da Casa da Cultura da vila

O Auditorio Municipal de Verín acollerá o vindeiro 22 de xullo, ás 20,30 horas, a actuación da Orquestra de Sopros da Academia de Artes de Chaves (Portugal).

Esta agrupación, fundada en 2008 iniciou a súa actividade no ámbito da materia da clase de Conxunto do Curso Básico de Música. Dende os seus inicios xa comezou a consolidarse como un grupo de referencia da Academia de Artes de Chaves e a súa rexión. A súa constante evolución levouna a transcender o contexto curricular no que naceu, empezando a integrar tamén a mozos músicos en xeral. 

As entradas para poder desfrutar da súa música en Verín son gratuítas e poden retirarse na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Verín ata o xoves 21 de xullo. O horario da taquilla é de 18,00 a 21,00 horas.

Actualmente está constituída por mozos músicos da rexión norte, os que participan regularmente en concertos por varios escenarios do país, realizando un traballo de divulgación e expansión cultural. Todo isto dirixidos, dende a súa fundación, polo mestre Luciano Pereira.

Da súa actividade destaca a súa participación regular en festivais e concursos internacionais, ademais dos concertos, onde se gañaron o recoñecemento dun público cada vez máis numeroso. Dende a súa fundación, a Orquestra conseguiu xa 10 premios internacionais, destacando os obtidos no CIM Vila de Altea, CIB Filarmonia d'Ouro e na Mostra Musical do Eixo Atlántico.

Te puede interesar