VERÍN

Un sindicato pide chalecos antibala para os policías locais de Verín

O sindicato CIG denuncia as deficiencias que presentan os equipamentos e o parque móbil da Policía Local da vila

O sindicato CIG ven de presentar no rexistro do Concello de Verín un escrito, no que denuncia as deficiencias que presentan os equipamentos e o parque móbil da Policía Local da vila e solicita ó Concello que dispoña dos medios para subsanalas. 

Así, entende García Torres que os axentes non dispoñen de luvas e cinturóns de pantalón debidamente renovados, ou mesmo que os vehículos da dotación policial non están limpos e mesmo non están sendo sometidos aos oportunos controis periódicos de mantemento.

Por outra banda, requírelle a ao Concello de Verín que dote a todos os axentes da vila do chaleco antibalas, "como xa así dispoñen os efectivos das policías locais de Ourense, Carballiño ou o Barco de Valdeorras, zonas de menor problemática que a da comarca de Verín polo seu carácter fronteirizo", segundo sinala no seu escrito o representante do sindicato, Manuel Anxo García Torres.

A solicitude remata coa petición de cursos anuais de tiro para os membro do corpo, que levan dende hai máis de dez anos sen realizar ningún tipo de formación específica neste senso.

Te puede interesar