A Xunta dalle luz verde ao novo PXOM de Oímbra

22.12.15.OIMBRA CASCO URBANO.
photo_camera Unha das rúas que forman parte do casco urbano de Oímbra

Entrará en vigor unha vez que se publique no BOP, poñendo fin a sete anos de tramitación

O Concello de Oímbra contará nos próximos días con Plan Xeral de Ordenación Municipal. A norma foi publicada xa no Diario de Galicia e para a súa entrada en vigor definitiva só resta a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Deste xeito rematarase un proceso que se iniciou en 2009.


O planeamento ten como obxectivo poñer en valor o patrimonio arquitectónico e natural do Concello, ao tempo que afronta o déficit de espazos públicos nos núcleos rurais. Deste xeito, contempla una nova zona verde no entorno de Oímbra e mellora as infraestruturas viarias deste núcleo, o ensanche e pavimentación do sistema viario, o reforzo da EDAR de Oímbra e O Rosal e a mellora das redes de saneamento e depuración.


Medio Ambiente tamén resalta que o novo PXOM recoñece e protexe os valores ambientais do Concello, entre os que destaca o espazo que conforma o río Támega, integrado na Rede Natura 2000 e na Rede Galega de Espazos Protexidos. O novo planeamento establece unha reserva de solo de carácter empresarial e a maiores, delimita once núcleos rurais e cualifica a todos eles como histórico-tradicionais, agás o de Terrón, que está considerado como núcleo común.


O PXOM prevé un plan especial de ordenación no núcleo rural de Oímbra, para acoller a construcción de vivenda protexida, para o que delimita 9.000 metros cadrados xunto ao colexio. O planeamento está configurado para absorver un posible crecemento de poboación. Actualmente existen 1.253 vivenda en solo de núcleo rural e a ordenación prevista permite acoller, no horizonte temporal do Plan, ata 925 novas vivendas. O resto da superficie municipal quedaría protexida, xa que o PXOM clasifica máis de 9.000 hectáreas como solo rústico de especial protección.n

Te puede interesar