O Concello de Lobeira ás escuras por falta de pago

Nosa obriga de ter informados aos Lobeirenses do que ocorre no noso Concello, fórzanos a dar unha nova que preferiríamos non se tivese producido.
UNIÓN FENOSA CORTOU O SUMINISTRO ELÉCTRICO ÁS INSTALACIÓNS DO CONCELLO DE LOBEIRA. NO DÍA DE HOXE ESTIVO INSTALADO UN GRUPO XENERADOR PARA QUE PUDESE PERMANECER ABERTO.
Non se trata dunha inocentada de fin de ano, trátase dunha triste realidade que non ven máis que a confirmar o que dende Diario de Lobeira temos vido anunciando, sobre a situación económica do noso Concello.
www.diariodelobeira.org .
Nosa obriga de ter informados aos Lobeirenses do que ocorre no noso Concello, fórzanos a dar unha nova que preferiríamos non se tivese producido.
UNIÓN FENOSA CORTOU O SUMINISTRO ELÉCTRICO ÁS INSTALACIÓNS DO CONCELLO DE LOBEIRA. NO DÍA DE HOXE ESTIVO INSTALADO UN GRUPO XENERADOR PARA QUE PUDESE PERMANECER ABERTO.
SEGUE...............

Non se trata dunha inocentada de fin de ano, trátase dunha triste realidade que non ven máis que a confirmar o que dende Diario de Lobeira temos vido anunciando, sobre a situación económica do noso Concello. Cando acabamos de dar unha nova sobre os gastos do Sr. Alcalde, xa temos outra que nos fai sentir tanta tristura como vergonza.
¿Cómo pode ser que o Sr. Alcalde siga ao fronte da Alcaldía con todo canto leva feito e desfeito?
¿Cómo pode ser que os responsables provinciais do PP non tomen cartas no asunto da situación de Lobeira?
¿Cómo pode ser que os outros concelleiros do PP non teñan pedido xa a dimisión do Sr. Alcalde?
¿Cómo pode ser que eses concelleiros do PP, que ven o que están vendo, sigan arroupando a un Alcalde que perdeu totalmente o norte?.
¿Cómo pode ser que o Sr. Secretario-Interventor continúe a facer o que fai, permitindo que se chegue aos extremos que se ten chegado?
¿Cómo pode ser que a oposición non denuncie con máis forza e claridade, incluso por vía xudicial, o que está a suceder no Concello de Lobeira?
¡ESTO É UNHA VERGOÑA PARA TODOS OS LOBEIRENSES!
¿CANTO TEMPO TEREMOS QUE AGUANTAR TAL SITUACIÓN DE INOPERANCIA POLÍTICA E FUNCIONARIAL DE UNS E DE OUTROS?
¡XA ESTÁ BEN .. . . . . . . !

Te puede interesar