Músicos e artistas engañados polo Concello de Xinzo de Limia

O concello de Xinzo de Limia non paga ós seus acreedores

O concello de Xinzo de Limia leva meses de atraso no pago ós músicos e artistas que contrata para actividades culturais e festas.

Son varios os grupos e agrupacións musicais que fartas de recibir falsas promesas de pago se plantexan levar a cabo distintas medidas de presión ante os responsables do concello ,xa que en varios casos as facturas pendentes teñen unha antiguidade superior ós 6 meses.
A únicas respostas que reciben dende o concello é que 'esperen un pouco máis ' ,' está pendente dunha subvención ' , ' a interventora non está e ata dentro de 15 días non vai a ser posible ' , ' só se aprobaron cousas urxentes , como as nóminas'...

Mentres os días seguen pasando e os grupos que fixeron actuacións en Xinzo en Maio ou xuños por exemplo, seguen sen cobrar por un traballo levado a cabo meses atrás.

Te puede interesar