O espellismo da fábrica de coches eléctricos en Ourense

Di este xornal que a empresa inglesa está decidida a construír a fábrica de coches eléctricos en Melón malia os problemas existentes para contar con terreos onde ubicarse. O que non sei se saben é que o alcalde de Lugo vén de lle escribir ós directivos da devandita empresa para ofrecerlles terreos no recentemente inaugurado polígono industrial das Gándaras nesa cidade. Non dubiden que Lugo, unha vez máis, hanos gañar a partida comodamente e Ourense volverá a perder unha ocasión de ouro, como tantas outras se perderon. E todo grazas á mediocrida
de e falta de interese por parte dos nosos políticos provinciais que xa teñen o pan asegurado pase o que pase. É máis, a moitos deses politicastros interésalles máis que Ourense siga no atraso histórico, no desemprego crónico para poder seguir contando con servos obedientes e dóciles cos que repartir as migallas, para ter asegurado así os votos a cambio de favores en forma de empregos por 'enchufe'. Imaxínense, senón, unha Ourense con pleno emprego, con nivel cultural medio, coas necesidades básicas dos seus habitantes satisfeitas...eses políticos de república bananera non terían cabida ningunha, porque non terían nada con que chantaxear ós seus posibles votantes.
Canta pena me dás, Ourense!!!!

Asdo. Un ourensán na marabillosa cidade de Lugo

Te puede interesar