Momentos e Melancolías

Exposición Fotográfica

cartel
Mostra de 31 fotogafías cuio nexo común é a melancolía experimentada no momento da observación. Tapería Café Pub Duque nº1 Santo Domingo baixo (Praza do Ferro)
ata o 25 de marzo.
As imaxes non son máis ca un percorrido pola observación en momentos de saudade; buscando alimentar inquedanzas na procura dos propios obxectivos ou soños polos que vivir é realmente interesante.
Observar en cada momento o que nos rodea lévanos, en ocasións, ó máis alá do que simplemente vemos.

Son fotografías cotiás, ó alcance de todos. Mostran como o abandono nos fai sentir morriña do tempo: como unha cidade nos pode facer nostálxicos do día e dos espazos; como a natureza e o outono acentúan a sensación de que percorremos un camiño con inicio e fin, pero que descubrimos camiñando e que deixamos marcado con eses momentos e melancolías,

Te puede interesar