A explotación da mendicidade vai en aumento

LAMENTABLE ESPECTÁCULO NA RÚA DO PASEO

O globoflexista Pocholo
Respetar, colaborar e axudar ao verdadeiro necesitado é unha caridade cristiá, pero contribuir á molicie é todo un atentado contra a libertade.

A explotación da mendicidade que están a vivir todas as grandes cidades do país vai en aumento. Raro é a poboación importante que non vexa invadida as súas rúas máis concorridas, as entradas dos grandes establecementos ou as portas das igrexas por toda clase de indixentes que, explotando algunha deficiencia física ou amosando dubidosas fotos ou estraños documentos, solicitan a caridade pública do transeúnte.
A cidade de Ourense no está exenta desta lacra humana. Así, concretamente na céntrica rúa do Paseo, somos literalmente asaltados a diario por grupos de dous ou tres mozas rumanas que, nun deficiente castelán, imploran a caridade do pacífico paseante.

Nada temos que dicir de súa penosa actividade, evidentemente non compartida, tratándose de xente nova e san que podería realizar un traballo renumerado. Pero dende logo o que non podemos aceptar de ningunha maneira é a súa actitude, nalgún caso, groseira e coactiva e agresiva na solicitude de petición de axuda.

Vendedores ambulantes, saltimbanquis, músicos e máis recentemente pallasos, como meu amigo “Pocholo” que gana honradamente o seu sustento vendendo artísticos globos (globoflexia) na rúa do Paseo, son todo un exemplo vivo de esforzo, sacrificio e traballo diario.
Respectar, colaborar e axudar aos verdadeiros necesitados é unha caridade cristiá pero, contribuír a molicie maila preguizanería, é todo un atentado contra a liberdade, sobre todo, cando son as mafias organizadas as explotadoras da boa fe do pacífico cidadá.

Te puede interesar