Os adolescentes do Carballiño celebrarán unha semana de actividades saudables

Talleres, conferencias, deportes e excursións centran as xornadas ‘Xóvenes saudables’, que organiza a Concellería de Servizos Sociais do Carballiño do 29 de xuño ó 3 de xullo.
Os xóvenes carballiñeses de 13 a 19 anos de idade poderán inscribirse a partir do vindeiro luns nas xornadas que organiza a Concellería de Servizos Sociais co obxectivo de fomentar hábitos saudables entre a poboación adolescente, e que se desenvolverán do 29 de xuño ó 3 de xullo. A iniciativa do Concello xurde co lema ‘Xóvenes saudables’ e abarca de luns a venres cunha serie de actividades ‘orientadas ó fomento do espíritu participativo e de pautas de conducta individuais que permitan ós rapaces afrontar situacións de risco’, sinalou Asunción Rivero, concelleira de Servizos Sociais.

A Casa da Cultura acollerá o luns 29 dende ás 10.30 horas talleres tales com ‘Intervención socieducativa sobre drogas’, ‘Ciclomotor e alcolemia’ e ‘Seguridade e perigos informáticos’, impartidos polo psicólogo Xosé Manuel Fariñas e axentes da Policía Local e Garda Civil, respectivamente. Para o martes 30 están previstas as charlas ‘Coeducando na adolescencia’, ‘Alimantarse mellor é gañar saúde’ e ‘Convivencia multicultural’, a cargo de técnicas de Servizos Sociais.

Nesta segunda xornada, polo serán, os participantes disporán de alternativas deportivas como rafting, piragüismo e andaina en bicicleta. O mércores sairán cara Segovia nunha visita cultural que rematará nun campamento no contorno de Madrid, que se prolongará con visitas ó parque ‘Warner Bross’.

Te puede interesar