A supresión dun dos servizos de transporte de viaxeiros entre as localidades de Soutelo de Montes, en Pontevedra, e Carballiño, en Ourense, que prestaba a empresa Monbús, vai ser obxecto de denuncia do Concello de Boborás ante a Xunta, según adiantou onte o alcalde deste municipio, Cipriano Caamaño Castro.
Hai unha relaxación total dos organismos públicos para o control do bó funcionamento das liñas de transporte e a súa repercusión nos usuarios, sinala o rexedor popular.

Caamaño fai referencia a anulación do servizo de autocar que salía ás 7,00 horas de Soutelo e pasaba as 7,30 pola localidade do Regueiro, en Boborás, e que as persoas maiores utilizaban para acudir ás consultas e análises médicas ó noso Centro de Saúde. O alcalde lembra que esta liña foi aprobada por Transportes dacordo coa solicitude que fixemos dende o Concello, e o seu funcionamento estaba fixado entre os meses de outubro a xullo.
Sinaturas
Ante esta situación, Caamaño Castro solicita man dura da Dirección Xeral de Transportes para que o medio rural non quede desprotexido, tendo en conta que a meirande parte dos nosos maiores non outro medio de desprazamento que o autobús para acudir ó médico, ó banco ou a Casa da Concello na capitalidade municipal. O alcalde apoia as reivindicacións dos vecíños do Regueiro, que están a recoller sinaturas para que esa liña sexa concedida a outra empresa.