Educación di que o manterá se o número de matrículas non decrece

Alerta na escola de inglés polo recorte dun mestre

Os alumnos da sección da Escola Oficial de Idiomas implantada no Instituto de Secundaria 'Manuel Chamoso Lamas' do Carballiño, comezaron unha campaña de sinaturas para que a Xunta manteña os tres profesores que imparten os seus coñecementos de inglés no centro para o vindeiro curso académico.
Neste mesmo sentido, a concelleira de Educación, Asunción Rivero, manifestou onte 'a nosa preocupación pola posible supresión dun dos tres mestres que están a impartir iste idioma no instituto'. A edil socialista lembra que 'o número de estudantes doblouse no último ano, chegando ós 122 matriculados, e por iso consideramos que é moi importante que este tipo de ensino teña unha meirande publicidade nun contexto de crise no que os traballadores precisan dunha meirande preparación'.

Así, o Concello carballiñés remitiu onte un escrito dirixido á Consellería de Educación, ademais de solicitar unha entrevista co responsable deste departamento autonómico, Jesús Vázquez.

Nembargantes, fontes da consellería indicaron que 'polo momento non se vai tomar medida algunha encol da sección de idiomas do Carballiño, xa que todo dependerá do número de alumnos que se inscriban unha vez se abra o prazo de matrícula'. As mesmas fontes da Xunta lembraron que 'a carga lectiva vai condicionar se é necesario ou non manter o mesmo profesorado, aínda por decidir'.

Te puede interesar