EDUCACIÓN

Tres alumnos entre os 604 mellores expedientes

Tania Payo Serafín, Mauro Barreiro Novoa e Nazaret Pedrouzo González, alumnos do IES Nº1 do Carballiño acadaron unha nota media de 9 entre o Bacharelato e a fase xeral das probas de acceso a universidade.

Tania Payo Serafín, Mauro Barreiro Novoa e Nazaret Pedrouzo González, alumnos do IES Nº1 do Carballiño acadaron unha nota media de 9 entre o Bacharelato e a fase xeral das probas de acceso a universidade. Con tal motivo, o pasado día 30 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela, promovido polo Programa “A ponte entre o Ensino Medio e a Universidade” da USC, o acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia 2016.

Entre eles figuran estes estudantes deste instituto do Carballiño, que forman parte dos 604 mellores expedientes de 2016, entre os que se atopan alumnos das catro provincias galegas.

O acto, no que tamén participou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, tivo lugar na Sala Santiago no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

A dirección do IES Número 1 do Carballiño manifestaba a súa satisfacción por o alto rendemento destes alumnos de Ensino Medio. 

Te puede interesar