Os alumnos aprenden o que é o consumo responsable

O Instituto Nº1 do Carballiño desenvolve actividades relacionadas co consumo responsable. O obxectivo último é crear un ambiente de reflexión sobre o poder que o consumidor ten coas súas decisións, invitar a considerar o comercio xusto como unha alternativa ao comercio tradicional e potenciar o intercambio de produtos.
Entre as iniciativas hai unha de troco entre o alumnado para intercambiar produtos como camisetas, CDs, libros, comics, entre outras cousas. Ademáis de dúas exposicións cedidas pola Asociación Panxea de Santiago de Compostela sobre a solidaridade e o comercio xusto.

Te puede interesar