Educación

Alumnos do IES Número 1 de Carballiño farán unha ruta xeolóxica guiada

Os alumnos tamén visitarán a necrópole medieval de San Lorenzo de Barxacova, á pasarela do río Mao e a localidade de A Teixeira

O alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato do IES Nº 1 do Carballiño realizarán o próximo 28 de outubro dúas saídas didácticas. Unha delas, que está organizada polo Departamento de Filosofía e se vai desenvolver no Auditorio de Lalín, ten como obxectivo que os alumnos asistan ao obradoiro "Feminismos para as máis xoves e para as que non son tanto".

Será impartido por Beatriz Ranea  e se enmarca dentro do Plan de Igualdade que, desde as institucións, están tentando implantar na nosa comunidade escolar. 

Neste obradoiro, a través da interacción co alumnado presente, analizarase a escena actual do feminismo na sociedade. 

A outra actividade que se desenvolverá durante toda a xornada escolar do mesmo día 28, é unha ruta xeolóxica, guiada polo xeólogo Eduardo Clavijo, pola parte ourensá do Canón do Sil, onde o alumnado coñecerá a hidroloxía, a xeoloxía e a xeomorfoloxía da zona, a través dun percorrido polo Alto do Rodicio, a Canteira de Verengo (onde coñecerán a formación granítica da zona) e Parada de Sil (para observar desde os famosos "Balcóns de Madrid" o comportamento hidrolóxico dos ríos).

Tamén visitarán a necrópole medieval de San Lorenzo de Barxacova, á pasarela do río Mao (onde  verán o "Ollo de Sapo") e a localidade de A Teixeira, onde visitarán a Fervenza do Cachón e poñerán fin a ruta.

Te puede interesar