Amil insta ó alcalde carballiñés á procura dun local de ensaio para grupos musicais

A postura expresada pola Asociación Cultural O Trasno Musifú encol da habilitación dun local de ensaio para os grupos de música radicados no Carballiño sorprendeu ó voceiro do BNG na Corporación, Manuel Amil. Todo elo porque o colectivo xuvenil citado demanda dos nacionalistas e da Vicepresidencia da Xunta un espazo destinado ás agrupacións de pop e rock existentes na vila, ‘tal e como se comprometeron’.
Así, o responsable do grupo municipal do BNG apunta que ‘a Dirección Xeral de Xuventude, que depende da Vicepresidencia, dispón de partidas orzamentarias para levar a cabo traballos de insonorización e dotación da infraestructura necesaria naqueles locais que os concellos poñen á súa disposición como áreas adicadas á ensaios musicais’. Neste senso, Manuel Amil lembra que ‘á iniciativa nosa, a Corporación aprobou por unanimidade en marzo do pasado ano facultar ó señor alcalde, Carlos Montes, para iniciar xestións para a procura dun local axeitado, pero dá a impresión de que non deu pasos nesa dirección’.

O voceiro nacionalista comenta que ‘se o Concello do Carballiño tivese a ben atopar ese espazo na vila, Vicepresidencia estaría encantada de acondicionalo con cargo ás partidas que ten consignadas para este tipo de actividades’. Amil descarta que ‘a Dirección Xeral de Xuventude adquira ou alugue un local para ensaios, tal e como pretenden ós integrantes da asociación O Trasno Musifú, porque iso sería facer unha excepción á normativa de subvencións actual’.

Te puede interesar