Unha andaina xuntou en Piñor a 200 persoas de toda Galicia

Participantes na andaina ‘Descrubir Piñor’ nun tramo do camiño. (Foto: Martiño Pinal)
A andaina ‘Descubrir Piñor’ xuntou na súa segunda edición a un total de 200 camiñantes que percorreron 15 quilómetros pasando por distintos pobos do municipio. Os participantes procedían das catro provincias galegas.
O mal tempo non entorpeceu a andaina ‘Descubrir Piñor’, que se desenrolou onte ó longo de 15 quilómetros. Aínda así, das 250 persoas que se incribiron procedentes de moi distintos puntos de Galicia, fallaron medio cento. O alcalde de Piñor, Francisco Fraga, pensa que se debeu precisamente as choivas persis tentes durante toda a mañá. O percorrido transcurriu dende Piñor ata Lousado, seguindo pola beira do río Arenteiro e achegándose a diferentes localidades como Casarellas, Corneas, Pereira, Barreiros, Casmoniño ou Senra, entre outras, pasando incluso por un tramo da ruta dos arrieiros, xa no Carballiño.

O Concello organizou esta segunda andaina despois do éxito acadado no pasado outono coa primeira edición. Participou xente de Vigo, Pontevedrá Lugo, Santiago, Ourense e A Coruña, ademais de veciños de Piñor.

A organización facilitoulles a comida gratuita e regaloulles camisetas. Ó final do percorrido tamén sorteou a estancia dun fin de semana nos apartamentos turísticos de Freás e dúas comidas e ceas nos restaurantes Ateneo e Torguedo.

Por outra banda, os camiñantes tamén tuveron a oportunidade de sacar fotografías, que poderán presentar ó concurso que convoca o Concello, para o que se deberán apuntar nas oficinas municipais, rematando o prazo o día cinco do próximo mes de xuño.

Te puede interesar