A asociación DoNorte, nunha iniciativa europea de intercambio

A Asociación Cultural e Xuvenil DoNorte do Carballiño participa no programa Europeo Xuventude en Acción. Dito programa foi establecido pola Comisión Europea, o Parlamento Europeo e os Estados membros para ser desenvolto no periodo 2007-2013. O programa , de aprendizaxe formal e informal, artéllase en torno a cinco accións abertas á participación de xoves entre os 13 e os 30 anos e daqueles que queiran traballar no ámbito da xuventude.
A.C. DoNorte foi seleccionada para participar neste proxecto, despois de valorar a súa candidatura. A entidade enviará a tres mozos para o intercambio que terá lugar na cidade de Lednice (República Checa) entre os días 23 e 30 de Xuño de 2013. Os interesados poden dirixirse á asociación para a súa selección.

Te puede interesar