A asociación veciñal de Flores oponse ó plan municipal para peatonalizar o barrio

A proposta de prohibir a entrada de vehículos no casco histórico de Carballiño, que plantexará o grupo municipal de goberno á oposición, non conta co apoio dun número importante de veciños do barrio de Flores, integrados no Colectivo Veciñal ‘O Carballiño’, maioritario en representación dos cidadáns da vila.
Neste sentido, Gonzalo Rodríguez Conde, voceiro desta asociación, asegura que ‘non estamos dacordo coa peatonalización que promove o señor José Antonio Barge, concelleiro de Tráfico, unha vez consultados os veciños que poidan ser afectados por esta medida nos seus garaxes e negocios’. O dirixente veciñal lembra que ‘en Flores hai uns 30 veciños, e por iso non entendemos coma o ano pasado se presentaron no Concello carballiñés 400 firmas a favor da circulación libre de peóns, onde foron recoller as sinaturas?’.

Rodríguez Conde engade que ‘a nosa postura non é plegarnos as directrices que emanan dos propietarios de tres locales de hostelería ubicados en Flores, moi interesados en que os clientes sentados nas súas terrazas non sufran molestias polo paso de automóbiles’. Pola súa banda, o concelleiro socialista José Antonio Barge remitiuse ás súas declaracións anteriores, expresando que ‘a nivel persoal gústame a peatonalización, pero é un tema que hai que debatir cos veciños e co resto da Corporación’.

Te puede interesar