O CARBALLIÑO

Beariz demanda mellor cobertura de telefonía

O Concello quéixase dos fallos que sofre o servizo á Secretaría de Telecomunicacións

O Concello de Beariz presentará unha queixa formal á Secretaría Xeral de Telecomunicacións e ante Consumo polas deficiencias existentes na telefonía móbil que afectan á capitalidade do municipio. As autoridades locais afirman que a súa preocupación é grande "porque as comunicacións son hoxe en día un factor decisivo para o asentamento da actividade humana xa non só da económica senón da residencial, sanitaria, de emerxencias ou mesmo calquera das interaccións sociais".

Nese senso, sinalan que "as moitas reclamacións levamos presentado á compañía coa que temos plantexado á compañía Movistar seguen sin ter unha solución despois de seis meses e por ese motivo o Concello fará unha queixa formal á Secretaría Xeral de Telecomunicacións para que se apliquen as medidas precisas", engadindo que se está tamén a valorar a rescisión do contrato con esa compañía por incumprimento das condicións do servizo.

O núcleo de Beariz recibe o sinal da antena que está situada en Liñares (Avión), que só ten cobertura "G" o que quere dicir que os datos son por GPRS. Os contratos de telefonía móbil, segundo indican os responsabeis municipais, inclúen tráfico de datos e internet que "non se están podendo usar convintemente", matizan.

Á localidad de Beariz chega tamén o sinal de outras antenas 3G pero que quedan moi lonxe e non permiten a conexión dos teléfonos, razón pola que os terminais saltan entre un e outro sinal quedando sin cobertura en moitas ocasións ata tres ou catro horas seguidas, segundo apuntaba o alcalde.

O perxuízo que provoca esta sitaución "non é só para o Concello de Beariz, senón tamén para os veciños, que sofren das importantes deficiencias dun servizo que hoxe é case que básico, posto que os teléfonos fixos van desaparecendo e en moitos fogares só teñen o móbil para comunicarse, tal e como sinala o alcalde, Manuel Prado.

Con respecto a este problema, a compañía Movistar recoñece a necesidade de mellorar as prestacións da antena ubicada en Liñares e así se comprometeu a facelo, segundo puxeron de manifesto os seus servizos técnicos tras realizar medicións na zona.

Te puede interesar