Benestar enseña ós nenos técnicas para mellorar a seguridade vial

A Concellería de Igualdade e Benestar Social do Carballiño organizou unha xornada de educación vial para os nenos que participan no programa Verán Divertido, e que se desenvolveu no local de Bo Día Familia 2013.
Esta actividade contou coa colaboración da coordinadora de educación vial da Xefatura Provincial de Tráfico, Sinda Aguiar Rodríguez.
O obxectivo desta xornada, segundo apunta a concelleira, Purificación Alberte, 'foi sensibilizar e concienciar aos nenos deste programa sobre a importancia da seguridade vial. Traballáronse comportamentos de peóns e viaxeiros de transporte escolar e familiar, o uso do cinto e a cadeira de seguridade, sinais de tráfico, entre outros aspectos. Para elo utilizáronse fichas, recortables e visualización de vídeos relacionados co tema.
Os contidos adaptáronse as idades dos nenos participantes que estaban comprendidas entre os 4 e 12 anos.

Te puede interesar