O BNG desexa un cambio dos plenos para a tarde

O grupo municipal do BNG lamenta profundamente 'o talante pouco democrático e o xeito de facer política de costas ós veciños do Carballiño que ten o PP co señor Marnotes á cabeza'. Os nacionalistas refírense, concretamente, ós horarios das sesións plenarias da Corporación, xa que se convocan pola mañá, e lles sorprendeu aínda máis que a derradeira fose ás 8.30 horas.
A voceira municipal do BNG , Áurea Francisco, suliña que 'esto denota que o equipo de goberno 'popular' quere aprobar as súas propostas, coma foi a suba de taxas municipais, sen que ninguén se entere'.

Así, o grupo nacionalista vai solicitar por escrito ó alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, que mude estes horarios dos plenos (os ordinarios son ás 12.00 horas) de xeito que sexan convocados polas tardes. Ó respecto, Áurea Francisco lembra a Marnotes que estas horas (ás da tarde) facilitan 'ós veciños e veciñas participar na vida política municipal'.

Te puede interesar