O CARBALLIÑO

O BNG reclama medidas para evitar as feces dos cans na rúa

Propón desenvolver campañas publicitarias facendo fincapé nas obrigas e dereitos dos propietarios das mascotas e habilitar algún lugar para que os animais fagan as súas necesidades

O grupo municipal do BNG de Carballiño propón nunha moción unha serie de medidas para acabar co conflicto existente entre os donos dos cans e os veciños que no teñen mascota. Solicita que se organicen charlas, seminarios, conferencias ou mesas redondas para informara e formar aos propierios ou futuros propietarios de mascotas de tódalas cuestións pertinentes ó respecto tales como: lexislación, bioloxía do animal, dereitos, obrigas.

Ademais, propón desenvolver campañas publicitarias facendo fincapé nas obrigas e dereitos dos propietarios das mascotas e habilitar algún lugar para que os animais fagan as súas necesidades.

Finalmente, poñer pequenas expendedores de bolsiñas de plástico para recoller as feces nas rúas.

Te puede interesar