O BNG reclama unha rebaixa na factura da electricidade

O BNG trasladará ao pleno do Carballiño unha proposta para solicitar ao Goberno do Estado a eliminación do imposto especial da electricidade e a rebaixa do IVE do 21% ao 4% na factura da luz por ser un ben de primeira necesidade. Reclamará tamén un cambio nas políticas para que beneficien ós territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto ambiental e social derivado da súa produción a través dun abaratamento dos prezos.

“Desde o BNG consideramos que a norma do 1 de xuño sobre a tarifa da luz xera un impacto negativo nos consumidores e consumidoras, sobre todo, tendo en conta que lle afecta a sectores da poboación e negocios que xa están sufrindo as consecuencias derivadas do forte impacto económico das restricións impostas pola loita contra a covid-19”, explicou a concelleira Sofía García.

Te puede interesar