O BNG rexeita que a ubicación da incineradora sexa na comarca

O grupo municipal do BNG do Carballiño vén de presentar unha moción dirixida á alcaldía para que a Corporación rexeite a implantación na comarca da planta incineradora e do complexo de residuos urbáns do sur de Galicia. Os catro concelleiros nacionalistas consideran que 'este tratamento de residuos afecta de xeito perxudicial e irreversible ó noso medio e á saúde das persoas'.
Así, Bernardo García, edil de Medio Ambiente polo BNG, lembra que 'a nosa formación política non está en contra do tratamento do lixo, pero ó traverso de plantas como as existentes en Nostián, na Coruña, ou Lousame, en Noia, nas que a incineración non está presente no proceso'. Engade que 'non nos vale a disculpa da creación de postos de traballo, xa que mediante a reducción, selección e reciclaxe pódese dar máis emprego'.

O concelleiro nacionalista adiantou que 'imos instar ós outros Concellos da comarca a que apoien a nosa proposta, xa que hai sospeitas de que a incineradora vaise ubicar nunha zona de Ourense que esté perto da autovía A-52 e da rede ferroviaria'.

Te puede interesar