Os camioneiros de Cea celebran iste sábado a procesión do San Cristovo

Os transportistas de Cea celebrarán o vindeiro sábado a festa na honra do seu patrón -que tamén é o da localidadecunha serie de actividades programadas por ise colectivo.
A partires das sete da tarde, dará comezo a tradicional procesión de camións e turismos dende o campo do Lodairo, que percorrerá o casco urbán de Cea para logo regresar ó recinto deportivo, onde se oficiará unha misa solemne e a bendición dos automóbiles. A continuación, no campo da Saleta, os profesionais do sector reuniranse nunha cea de confraternidade, cun menú composto por empanada, polbo e carne ó caldeiro. A organización confía en superar os 160 comensais do ano pasado, na que participaron 50 camións na procesión.

Te puede interesar