Os carballiñeses terán cobertura total da TDT a partir de xaneiro

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, está a espera da resposta da Xunta para poder iniciar o proceso de colocación dos novos reemisores da Televisión Dixital Terrestre (TDT). O rexedor lembra que ‘os custes de cada un destes reemisores é moi elevado, e por elo temos que recurrir á Xunta para poder asumilos’.
Tras manter entrevistas coas empresas instaladoras da TDT en Galicia, ‘os técnicos apuntaron que o municipio carballiñés conta na actualidade cunha cobertura do 90% no que se refire ó casco urbán, pero que disminúe nos núcleos do rural, onde precisamente o Concello quere ofrecer unha solución a traverso dos citados reemisores’. Neste sentido, adiantaron que o apagón analóxico será a partires do 18 de xaneiro do vindeiro ano, e non do 31 de decembro do actual, como estaba previsto, unha vez quede solucionado o problema’.

Te puede interesar