Carballiño acolle unha mostra de feísmo

Ilustracións da mostra, no Centro Comarcal carballiñés.
O Centro Comarcal do Carballiño acolle ata o vindeiro día 15 a exposición ’Feísmo Ilustrado’, promovida pola Consellería de Vivenda e Solo. Nesta mostra preséntase a visión humorística dun total de 15 debuxantes galegos encol das contradiccións entre urbanismo e entorno.
’Feísmo Ilustrado’ é un conxunto de ilustracións de 15 debuxantes galegos que reflexionan sobre a problemática do feísmo en Galicia, e que se pode poderá visitar ata o 15 de febreiro no Centro Comarcal do Carballiño, ubicado nas inmediacións de O Cornuval.

’Os autores que participan na exposición, promovida pola Consellería de Vivenda e Solo, empregan o humor gráfico e a ilustración para abordar un pro blema complexo que reflicte a relación da sociedade coa paisaxe e co territorio’, segundo fontes da Fundación Comarcal.

Trátase de debuxantes cunha longa traxectoria profesional, que colaboran coa súa ollada crítica nos eidos social, económico ou político en xornais e editoriais tanto galegos como estatais. Entre eles, o ourensán Xosé Lois González, ’O Carrabouxo’.

Te puede interesar