Carballiño acollerá un completo percorrido gastronómico adicado ás rexións do Estado

Tapas que foron presentadas no concurso deste ano. (Foto: Martiño Pinal )
Os establecementos de hostelería do Carballiño especializados en menús e tapas elaborarán, xunto coa Concellería de Turismo, un completo almanaque gastronómico no que se adicará cada mes a unha das comunidades autónomas do Estado, co polbo e os pementos como referentes galegos.
A vila do Arenteiro celebrará cada mes do vindeiro ano unha xornada adicada ás distintas comunidades autónomas do Estado, e máis en concreto a súa gastronomía. Este foi o acordo o que chegaron o concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, nunha xuntanza mantida con propietarios de mesóns e taperías, os cales respaldaron esta iniciativa. ‘A idea é que un fin de semana de cada mes, os establecementos hosteleiros que participen no programa oferten tapas típicas de cada comunidade’, sinala o citado edil.

Polbo e pementos

Así, o mes de marzo adicarase a Asturias, abril a Andalucía, maio a Cantabria, e os meses de xuño e xullo ó País Vasco e Valencia, respectivamente. Manuel Dacal adianta que ‘o mes de agosto centrarase no producto estrela carballiñés, o polbo, cunha semana gastronómica previa á celebración da festa de exaltacion, mentres no mes de setembro teremos unha celebración especial adicada ós pementos de Arnoia, Padrón e Murcia’.

Finalmente, outubro terá como eixo central as comunidades de Cataluña e Aragón, reservándose no almanaque gastronómico carballiñés o mes de novembro un apartado fixo para os cogumelos e as castañas, e decembro para os productos do porco 014como son as filloas014 aproveitando a época das matanzas.

Segunda ‘olimpiada’ de tapas

Manuel Dacal apuntou que ‘en xaneiro e febreiro organizarase a segunda edición da Olimpiada de tapas, onde os hosteleiros terán libre elección para escoller os productos para ofertar ós seus clientes’. A competición de 2010 desenvolverase en tódalas fines de semana dos dous meses, e según o concelleiro ‘xa contamos co mesmo número de establecementos do ano pasado’.



Te puede interesar