LOITA CONTRA INCENDIOS

Carballiño renuncia ás brigadas de incendios

Afirman as autoridades municipais que as condicións que se establecen para realizar esta contratación resultan de difícil cumprimento para o Concello

O concello do Carballiño renuncia á contratación de brigadas de prevención e extinción de incendios forestais, por entender que se trata dunha competencia autonómica que debería asumir directamente a Xunta de Galicia, e porque non pode asumir o custo adicional que representa este servizo para as arcas municipais, nin contar coas instalacións adecuadas para albergar aos brigadistas.

Afirman as autoridades municipais que as condicións que se establecen para realizar esta contratación resultan de difícil cumprimento para o Concello, xa que esíxense 50 hectáreas de desbroce de monte por cada brigada e resultan difíciles de realizar e certificar. "O motivo principal é que se leva ás brigadas a camiños e a montes de difícil acceso onde non pode entrar maquinaria pesada, como os tractores, e así resulta imposible acometer o traballo e cubrir os obxectivos", matizan.

Por outra parte, considérase mais idóneo o desbroce daquelas zonas próximas ás vivendas, que pudieran poñer en perigo bens e persoas, e isto non se contempla. "No fondo, existe unha clara discriminación con respecto ás prioridades e ao papel que deben xogar os concellos nesta cuestión, quedando relegados a un segundo plano na toma de decisións pero debendo asumir a responsabilidade dun servizo para o que non é competente e para o que non conta con recursos", matizan.

Te puede interesar