EMPREGO

Carballiño, San Amaro, Boborás y Maside tendrán un obradoiro

<p></p>
photo_camera Alumnos del ultimo obradoiro.

Carballiño disporá próximamente dunha lanzadeira de emprego, para formar e orientar 
a desempregados

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou a concesión dun obradoiro para os concellos de O Carballiño, Maside, San Amaro e Boborás. Así mesmo, poñerá en marcha unha lanzadeira de emprego para O Carballiño, que é unha iniciativa de formación e orientación laboral para persoas desocupadas.

A noticia foi comunicada polo director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, durante una visita a Ourense, na que anunciou a posta en marcha de varias iniciativas deste tio na provincia, que abarcará a un total de 75 concellos.

Desde o Concello do Carballiño, o alcalde Francisco Fumega e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, puxeron de manifesto a través dun comunicado o seu recoñecemento e agradecemento á Xunta de Galicia por ter en conta estas iniciativas propostas dende o concello do Carballiño, e no caso do obradoiro de emprego, presentada conxuntamente cos concellos de Maside, San Amaro e Boborás, pertencentes todos eles á mesma comarca.

Te puede interesar