O Casino abre as portas a todos os veciños na festa do Entroido

O Casino do Carballiño abre as súas portas ós veciños da vila con motivo da próxima celebración do Entroido. Deste xeito, as persoas interesadas en asistir a unha comida popular a base de cocido só terán que abonar 22 euros, mentras que os socios pagarán 18. Está prevista para o día 19, ás 14,30 horas, no salón de baile da entidade. A directiva anuncia que haberá agasallos para a persoa ou parella mellor disfrazada. É requisito indispensab anotarse e abonar o importe en conserxería antes do día 18 (data límite o venres ata as 21,00h).
Para o luns, a partir das 17,00 horas haberá Festa Infantil de Entroido. Celebrarase un concurso de disfraces e disporán dun hinchable; realizaranse outros xogos, así como unha merenda e refrescos para todos. Entrada libre para fillos de socios, os non socios aboarán tres euros. 'Por suposto ámbolos dous días rógase vir disfrazado para disfrutar do mellor ambiente', puntualiza o equipo directivo. Engadindo que 'rógase ós socios a divulgación destes actos, así como a súa participación', co fin de contar cunha importante asistencia para que o Entroido sexa un éxito.

Te puede interesar