O Casino acolle iste sábado o festival de canto coral

A Coral Polifónica do Casino Cultural do Carballiño organiza iste vindeiro sábado o 'Festival Galaico Portugués de Polifonía', que se celebrará no salón de actos da entidade a partir das 20,30 horas e con entrada libre.
Ademais da agrupación anfitriona participarán tamén no recital as corales polifónicas Estradense, de A Estrada (Pontevedra), e Vila Nova de Cerveira, procedente desta localidade de Portugal, que interpretarán catro pezas cada unha.

O festival acada a súa vixesimo octava edición, os mesmos anos que leva no Carballiño o novo presidente do grupo polifónico do Casino, Antonio Luis Santiago García. Iste amosou o seu interese pola incorporación de novas voces e a gravación dun disco. A coral da entidade acompañará, o vindeiro 12 de outubro, a misa do Pilar no templo da Veracruz

Te puede interesar