Catro vehículos apoian a área medioambiental

O Concello do Carballiño adquiriu un total de catro vehículos para a súa incorporación á Concellería de Medio Ambiente, que dirixe o nacionalista Bernardo García Nóvoa. Trátase de dous automóbiles para o transporte do persoal, unha furgoneta de servizo exclusivo para o refuxio de animais e dunha pequena desbrozadora.
O edil desta área cifrou en 35.000 euros o custe da operación, 'que non supón ningún gasto para as arcas municipais, xa que é un diñeiro que estaba aí da venda dos piñeiros que foron talados no Parque carballiñés dentro do programa de recuperación de especies autóctonas'.

A merca destes automóbiles, entre os que Bernardo García destacou a desbrozadora, 'xa que con tan só un metro de ancho pode acceder a sendeiros e zonas ás que non chega un tractor dos grande', facilitará os traballos de limpeza das cunetas, sendeiros e áreas recreativas, tanto nas marxes do río Arenteiro coma nas diferentes localidades do rural do municipio.

Te puede interesar