O Centro Social do Carballiño oferta actividades deportivas nas mañás do verán

Edificio que acoge las dependencias del Concello de Carballiño. (Foto: MARTIÑO PINAL)
photo_camera Edificio que acoge las dependencias del Concello de Carballiño. (Foto: MARTIÑO PINAL)

Actividades de verán no Carballiño

O Centro Sociocomunitario do Carballiño abriu o prazo para apuntarse ás actividades físico deportivas que se desenvolverán durante o verán, “pois non queremos que o período estival sexa motivo para a inactividade”, sinala a dirección. Así, manterá as actividades  en horario de mañá (por mor das altas temperaturas habituais polas tardes), contando de tarde cada día cos servizos de cafetería e prensa.

O pasado día 1 de xuño abriu a inscrición para os dous grupos de ioga e un de cachibol; e o día 5 comezou a quenda para apuntarse en ximnasia de mantemento, para a que se formarán dous grupos, e tamén para pilates. “Recordamos a todas as persoas interesadas en participar que as prazas asignaranse segundo a orde de inscrición e que non hai ningún tipo de requisito nin preferencia”, conclúen desde a dirección do Centro Sociocomunitario.

Te puede interesar