Charla sobre alimentación e ximnasia para veciños de Piñor

Será  18 de outubro, ás 19,30 horas, no centro social de Albarona

O Concello de Piñor celebra o Día Mundial da Alimentación impartindo a charla “Alimentación, movemento e saúde nas persoas de idade”. Esta charla terá lugar o 18 de outubro, ás 19,30 horas, no centro social de Albarona e na que se destacará a importancia da nutrición e necesidades enerxéticas, cales son as características fundamentais dunha dieta saudable nas persoas de idade e a importancia do movemento para unha vida saudable.

Ademais, como o movemento é importante, tamén se vai iniciar a “Actividade física para maiores”, que terá lugar un día á semana ó longo dos meses de outubro e novembro en dous grupos, tódolos mércores de 19,00 a 20,00 horas, no centro social de Albarona e  de 20,00 a 21,00 horas na antiga escola de Cotelas. O Concello de Piñor informa ás persoas interesadas que deben inscribirse nos Servizos Sociais.

Te puede interesar