O Cine Club fai un concurso para atraer ós rapaces ó cine

O Cine Club Carballiño reanuda unha nova tempada de proxeccións e o fai cunha programación que inclúe algunhas interesantes novidades para atraer ó público infantil e xuvenil ás sesión de cine. Unha das actividades será en colaboración cos centros de ensino de Secundaria para que os escolares asistan de xeito gratuíto as sesións do cine club a través dun concurso que se fará semanalmente nos centros e que tratará sempre sobre a historia do cine.
Os rapaces que acerten unha serie de preguntas terán entradas gratuitas.

Entre as novidades deste ano está a programación para o público máis novo, con películas que sexan aptas para todos os públicos. No mes de outubro está prevista 'Moonrise Kingdon', que aínda que moi recomendable para os adultos, é tamén unha película moi interesante para o público infantil e xuvenil, a partir dos sete anos, segundo indicou Ricardo Paz.

Cine club Carballiño proxectou onte a película 'Elefante blanco' (2012), e continuará coas sesións durante o mes de outubro. Para o día 5 está programada 'Moonrise Kingdon';?o 11 'Interferencias' e o 19 'Polisse'. Seguirá a carteleira deste mesmo mes cun ciclo de ciencia ficción, os días 26 e 28, con películas como 'Prometheus', 'Gattaca' e 'Moon' con horarios aínda por determinar.

As proxeccións serán coma sempre os venres no Auditorio municipal en sesións de 20,00 e 23,00 horas. Os prezos dos bono anuais 60 euros e mensuais 5 e 10 euros mantéñense. Os bonos para as sesións semanais pasan a custar 2,5 e 5 euros. 'Vímonos obrigados a subir 50 centimos cada un pola subida brutal do IVE para a cultura (do 8 ao 21%)', sinalou o responsable da entidade, Ricardo Paz, engadindo que intentarán o pase dunha película cada mes para todas as idades.

Te puede interesar