Unha comisión de técnicos diseñará a campaña de venta de inmobles

Os constructores e promotores inmobiliarios do Carballiño mantiveron este luns unha nova reunión cos responsables municipais, co obxectivo de iniciar unha campaña de promoción da vivenda na vila. Nesta xuntanza, á que asistiron máis de 30 persoas, acordouse facer unha campaña ‘de xeito global, é dicir, incluindo todo canto a vila ten para vender no exterior’, según apuntou o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal.
Neste sentido, os representantes do Concello e dos empresarios acordaron crear unha comisión que se encargará de deseñar esta campaña coa axuda dunha empresa especiaizada, ‘e incluir na promoción a un sector tan importante como é o do comercio, que tamén terá representación nesa comisión’, indicou o edil socialista. Manuel Dacal sinalou que ‘é moi importante que vendamos ben todas as execelencias coas que contamos nesta vila, e por elo queremos que tódolos sectores empresariais se impliquen’.


Comodidade


O concelleiro engadiu que ‘o máis importante é que nos coñezan no exterior e que saiban que vivir no Carballiño é a mellor elección, sobre todo para as xentes da cidade e do seu contorno, xa que a vila ofrece todo o que pode desexar calquera persoa que busque comodidade e cercanía ó resto de Galicia’.

Te puede interesar