O CARBALLIÑO

O Concello abrirá durante o verán un servizo de comedor

<p></p>
photo_camera Dependencia do servizo Bo Día Familia que acollerá o comedor para rapaces durante as vacacións.

Funcionará de luns a venres para rapaces de familias que o precisen durante as vacacións

O Concello de Carballiño abrirá, por primeira vez, na sede de Bo Día Familia, un servizo de comedor para os rapaces do Concello que o precisen durante as vacaciones do verán. Este servizo de comedor realizarase entre as 14,00 e as 15,30 horas, de luns a venres, agás os festivos, co que se facilitará a conciliación da vida familiar e laboral das familias carballiñesas. Entre as prazas que se ocupen, un 2o por cento reservaranse para aquelas familias que se atopen en situación de emerxencia social.

Os menús que se ofrecerán neste servizo de comedor en Bo Día Familia estarán elaborados por unha experta nutricionista e terán un custo de 4,50 euros por persoa e día. As persoas que poidan estar interesadas en utilizar este servizo poderan facer a súa solicitude e inscripción nas dependencizas de Servizos Sociais, situadas na rúa Faustino Santalices 10, baixo, entre as 08.00 e as 14,30 horas, de luns a venres.

REFORZO ESCOLAR

O Concello tamén vai poñer enmarcha un programa de reforzo educativo durante as vacacións de verán. Está dirixido a rapaces de Educación Primaria do Carballiño que o precisen e está ideado para suplir a ausencia de becas no periodo non lectivo para cubrir necesidades educativas de carácter especial nas vacacións de verán.

O programa será impartido por una mestra en educación especial pertencente ao departamento de Servizos Sociais e Educación. E no caso dos menores que cursen Secundaria, o programa será impartido por outra mestra, adscrita á Cruz Vermella, con formación universitaria específica para realizar este reforzo. As familias interesadas en inscribir aos seus fillos neste programa poden facelo dirixíndose ás dependencias de Servizos Socialis.

Te puede interesar