O Concello de Beariz remata o centro social do pobo de Alén

Con cargo ao Plan de Obras da Deputación provincial do 2020 foron adxudicadas á empresa Cruzval as obras de "Remate Centro Social en Alén" e "Pavimentación de camiños en As Santas e Doade", no municipio de Beariz.

Na localidade de As Santas procedeuse á reforma dun camiño que se atopaba moi deteriorado mediante a pavimentación duns 450 metros cadrados e un orzamento de 23.000. Na localidade de Doade estanse realizando actuacións nun camiño interior onde se desprenden muros antigos de contención de terra, consistentes na realización de muros de cachotería a unha cara vista, de 50 centímetros de espesor e unha altura máxima de 2 metros.

En Alén, as obras consisten no remate e adecuación do centro social, unha vez executada a fachada e a cuberta hai algo máis dun ano, os traballos actuais son os de unha folla interior con cámara de aire e illamento térmico das fachadas que quedaron en fábrica de ladrillo sen revestir para mellorar a envolvente térmica, así como o remate mediante morteiro monocapa das mesmas. Executarase tamén un tabique interior e unha porta corredoira de madeira para dotar ao centro dun aseo. Ademais, colocaranse as carpinterías exteriores de aluminio lacado en cor, e tamén procederase á execución do saneamento, fontanería con auga fría e electricidade.

Te puede interesar