O Concello de Boborás realizou videomontaxes sobre os oficios

A información sobre oficios tradicionais no Concello de Boborás como a esfolla, a gandería, a matanza ou a vendima foi recollida e videomontaxes con vistas a súa dixitalización e tras escoitar as testimuñas dos máis maiores.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Boborás, rematou a iniciativa ‘Memoria dos oficios: Lembranzas do campo’. O obxectivo consistiu na creación de documentos audiovisuais atendendo ó esquema dunha videomontaxe para dixitalizar todo o coñecemento posible sobre oficios tradicionais a través das lembranzas dos maiores ou colectivos interesados nesta temática.

As videomontaxes abordan a esfolla, a gandería, a matanza e a vendima. Deste xeito, recollense as antigas labouras da esfolla no Concello de Boborás; os tempos en que en todalas casas había vacas; a matanza, xa case desaparecida neste municipio; e os cambios que sofreu a vendima dende fai algunhas décadas ca incorporación da maquinaria agrícola.


Te puede interesar