O Concello reclama á Xunta obras para reforzar a seguridade da estrada a Lalín

O alcalde do Carballiño, Carlos Montes, ven de solicitar á Xunta de Galicia o arranxo da estrada que une esta localidade con Lalín, para dotar a esta vía de maior seguridade tanto para os vehículos como para os peóns.
En concreto, dende o Concello reclámase a eliminación das isletas existentes e a construcción dunha rotonda no entronque das estradas do Irixo e o vial que descurre ata ó municipio pontevedrés. Asimesmo, solicita a construcción de beirarrúas que permitan unha maior seguridade para os peóns, e a ampliación da ponte que cruza o río Arenteiro xa que supón un embudo constante para os vehículos que circulan por esa vía.

O máximo edil do Carballiño recolle deste xeito as queixas dos veciños das parroquias de Veiga, Mudelos e Madarnás, que son os principias usuarios destas vías, e que ven como día a día a seguridade é menor. Este é un aspecto sobre o que o alcalde carballiñés pon especial atención na súa petición ós mandatarios da Xunta de Galicia.

Os responsables muncipais remitiron á Xunta os mapas de situación, así como a posible ubicación da rotonda, que evitaría numerosos atascos e suprimiría a peligrosidade para os peóns. Esta situaríase á altura do actual cruce ca estrada 902 de Lalín.

Te puede interesar