O Concello só poderá contratar por concurso ós 40 traballadores eventuais da plantilla

Uns 40 traballadores eventuais do Concello do Carballiño non poderán pasar a indefinidos según a nova normativa laboral. O alcalde en funcións, José Antonio Barge, sinalou que ’só poderán renovar por concurso’.

A estabilidade dun total de 40 traballadores eventuais do Concello do Carballiño está amenazada pola nova lexislación laboral. E é que a nova Lei de Función Pública promulgada no mes de abril do presente ano non permite como ata agora o trasvase á situación de persoal indefinido a estes empregados municipais, según apuntou onte o concelleiro de Persoal do Concello do Carballiño, José Antonio Barge Gil. ’Iste novo marco legal especifica que os empregados que rematen os seus contratos deben recurrir ós xulgados do social para reclamar os seus dereitos se queren seguir ocupando o posto’, indicou.

O tamén alcalde en funcións adiantou que ’a única solución posible que hai para o persoal eventual é sacar a concurso esas mesmas prazas a finais de ano só se os grupos da oposición (PP e BNG) consideran que son necesarias para o bó funcionamento do Concello, pero os contratos só se poderían facer por un ano’. Neste sentido, os nacionalistas xa teñen solicitada unha xuntanza da comisión municipal de Persoal para fixa-los criterios de necesidade de cubrir postos, baremos para a selección dos empregados e elaboración de listas de substitutos no caso de baixas.

O concelleiro de Persoal reiterou a súa convicción de que a contratación indefinida a finais do ano pasado dun total de 22 traballadores temporais -calificada como ’ilegal’ polo PP’recibiu o visto bó da secretaria municipal, xa que firmou o decreto promulgado polo alcalde, Carlos Montes, aínda que non adxuntaxe o informe xurídico que agora reclaman os populares’.

Estabilidade

Ademais, José Antonio Barge adiantou que ’uns dos obxectivos deste equipo de goberno para este mandato é sacar a concurso oposición libre tódalas prazas vacantes, sempre dacordo cos grupos da oposición’. Engadiu que ’eu entrei por oposición como profesor de ensino secundario no ano 1976, e por iso son un gran defensor da estabilidade no emprego tanto para os funcionarios como o personal laboral fixo’. O presidente do comité de empresa do Concello, Mariano Ortega, manifestou que ’o fundamental é conquerir que o meirande número de traballadores teña un posto estable’.

Te puede interesar