Concurso de fotografía sobre os beneficios do deporte

O Concello do Carballiño convocou o terceiro concurso fotográfico 'Unha mirada de xénero: Saúde e Deporte' organizado pola Área de Igualdade e coa colaboración da asociación fotográfica 'O Potiños' e o Centro Comercial Aberto da vila.
A idea é dar a coñecer a todos os veciños, e dun xeito máis particular ás mulleres, os beneficios que aporta unha alimentación equilibrada e a práctica da actividade física para a saúde integral.

O prazo para a presentación das fotografías rematará o vindeiro día 7 de febreiro de 2014, segundo indicou a concelleira de Igualdade, Purificación Alberte. As fotos deberán presentarse no Centro de Información ás Mulleres do Concello do Carballiño.

As mellores instantáneas recibirán un premio extraordinario donado polo Concello do Carballiño e cun primeiro, segundo e terceiro premio en vales de compra valorados en 200, 150 e 100 euros respectivamente, donados polo Centro Comercial Aberto.

Te puede interesar