O consorcio ‘Galicia Central’ concede a un lalinense o premio do certame fotográfico

A primeira ediión do ‘Concurso de Fotografía Galicia Central’, organizado polo consorcio dos municipios de O Carballiño, Lalín, Monforte e Melide, rendeu homenaxe á diversidade das súas provincias e resolveuse na tarde de onte dando por gañadores a fotógrafos dos catro concellos integrantes.
O xurado, composto por representantes municipais e profesionais do ámbito da fotografía tivo que decidir os premiados de entre 18 traballos presentados. Establecíanse dúas categorías: unha ao mellor traballo, composto por dúas fotografías temáticas de cada ooncello; e outra á mellor foto individual de cada un destes municipios galegos. No primeiro, o gañador foi o lalilense Alejandro Piñeiro Rodríguez, que presentou un grupo de oito fotos co título ‘A luz, os recunchos’.

Peregrinos

Na súa proposta, o autor presentou dúas fotografías do proceso de cocción e picado do polbo para as imaxes do Carballiño; retratou as esculturas do Monumento ó Labrego da Praza da Vila e unha toma nocturna da escultura de Ramón María Aller na Praza da Igrexa de Lalín. Para as fotos de Melide, relacionadas co Camiño de Santiago, presentou unha imaxe de peregrinos no río Catasol e outra dunha noite de choiva de estrelas sobre a ponte medieval de Furelos. Do concello de Monforte, Alejandro Piñeiro escolleu un recuncho solitario do río Cabe e o paseo do Malecón. Un veciño do Carballiño, Manuel Blanco Guerra, é o autor da imaxe escollida polo xurado como a máis representativa e orixinal da escultura urbana de Lalín, titulada ‘Patas de cabalo en Lalín’, obtida de noite.


Te puede interesar