A cooperativa do porco celta de Beariz inicia en setembro a comercialización de carne

LR- A Sociedade agraria Oural de Beariz, adicada dende fai un ano á cría de porco celta, comezará no vindeiro mes de setembro a comercialización de carne coa colaboura da empresa Castro Bello, ubicada no parque empresarial do Carballiño. ‘Nestes intres xa dispomos de máis dun cento de exemplares para sacrificar e irémolos enviando según a demanda’, sinala Xosé Balboa, promotor da cooperativa. A empresa elaborará chourizos, salchichóns e lomo, ademais de preparar xamóns para salar e secar.
Hai unha semana escasa que tres porcas de raza celta pariron un total de 25 crías nas instalacións que a Sociedade agraria Oural posúe no monte comunal de Lebozán, en Beariz. ‘Para nós foi unha ledicia, xa que coincidiu coa celebración das festas patronais do municipio’, comenta Xosé Balboa, voceiro da cooperativa.

Istes ‘ranchiños’ súmanse así ó centenar longo de exemplares xóvenes que a entidade está a criar empleando o sistema de gandería extensiva en terreos cedidos pola comunidade de montes de Lebozán. ‘Logo dun ano de traballo, dispomos dunha cantidade importante de porquiños listos para o sacrificio unha vez acaden o peso axeitado, que debe ronda-los 100 ou 110 quilogramos’, engade o promotor de Oural.

Reservas

E o seu destino vai se-la distribución desta carne, unha das máis apreciadas polos consumidores. Deste xeito, Oural firmará un convenio coa empresa Castro Bello, ubicada no parque empresarial do Carballiño, para a comercialización dos productos derivados da cría de porcos celtas. ‘No vindeiro mes de setembro, a empresa xa se compromete a elaboración de embutidos de chourizo, salchichón e lomo, ademais de reservar lacóns e xamóns para o seu salado e secado posterior’, apunta Xosé Balboa.

O único inconvinte con que se atopan é o momento do sacrificio dos exemplares, ‘que non se pode levar a cabo no matadoiro do Carballiño, xa que non dispón do sistema de grúa para levanta-los porcos, e por iso temos que facelo na Estrada’, indica. A saída ó mercado dos embutidos permitirá un meirande coñecemento das actividades de Oural, ‘que naceu co obxectivo de optimiza-lo aproveitamento agrícola dos montes de Beariz ó traverso da plantación de especies autóctonas coma carballos e castiñeiros, que proporcionan ós porcos o seu alimento vital’, lembra Xosé Balboa.

Exaltación Ademais, a cooperativa xa está a preparar a que será a segunda edición da ‘Xornada de exaltación do porco celta’, unha iniciativa de Oural que xurdiu con éxito neste ano, coa colaboración de Medio Rural, a Deputación e o Concello de Beariz, e que se celebrará no mes de febreiro de 2008.

Te puede interesar