Un cruce da vila do Arenteiro recupera os seus pasos de cebra

Os novos pasos de cebra. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A Concellería de Tráfico do Carballiño, agora nas mans do 'popular' Emilio Carballeda, decidiu suprimir o paso de peóns 'xigante' que cruzaba a avenida Conde Vallellano entre as rúas Curros Enríquez e Rosalía de Castro. Deste xeito, o Concello recuperou os dous pasos de cebra que foran suprimidos polo anterior responsable do departamento municipal, o socialista José Antonio Barge, no anterior mandato.
O obxectivo da supresión foi motivado polas críticas de diferentes expertos que, ó abeiro da Lei de Seguridade Vial, apuntaron que o citado paso era 'ilegal', xa que desembocaba directamente nunha rúa aberta ó tráfico rodado, que é a de Curros Enríquez.

Por outra banda, tamén foi recuperado o funcionamento das dúas sinais semafóricas colocadas ó carón dos dous pasos de cebra, e que están coordenadas por un sistema automático, que permite ós peóns poñelas en roxo para o tráfico cando precisan atravesar a avenida. O vello paso foi pintado en liñas amarelas cruzadas para a prohibición de estacionamento de automóbiles.

Te puede interesar