Curso para atopar emprego, o 28 de xullo na Casa da Cultura

A asociación cultural 'Do Norte', de recente creación, coa colaboración da UNED en Ourense, porá en marcha as 'Xornadas sobre empregabilidade xuvenil', que se desenvolverán o vindeiro 28 de xullo na Casa da Cultura.
O programa deste curso céntrase nos tipos de contratos laborais, a elaboración de cartas de presentación, a preparación de entrevistas de traballo e un relatorio de experiencias de autoemprego. O prezo da matrícula é de 10 euros.

Te puede interesar