Un curso de camareiros enseñará como cortar o pulpo

A área municipal de Industria, Emprego e Promoción Económica do Carballiño pon en marcha mañá un curso de formación de camareiros, que por primeira vez incorpora tamén a realización de prácticas para aprender a cortar o pulpo. A concelleira responsable desde departamento, Teresa Cerdeira, tivo en conta a demanda do ramo da hostelería para dispoñer de profesionais e a importancia de preparar a desempregados como auxiliares das pulpeiras, polo que tamén se contemplan dentro do programa as clases sobre a manipulación de alimentos.
O curso contará con 15 alumnos e prolongarase ata o 30 de novembro. Segundo manifestou Teresa Cerdeira, 'ten como obxectivo a cualificación profesional de traballadores cara a sectores con maiores niveis de empregabilidade, trátase de adaptar a formación ás necesidades do mercado laboral, favorecendo así os niveis de contratación. Cabe destacar que o sector da hostelería é un dos máis relevantes no Concello'.

As clases prácticas impartiranse nun restaurante da vila e tamén se contará coa colaboración dunha pulpeira.

Te puede interesar