CxG pide ó pleno a incapacitación do alcalde de Punxín

Critican a deixazón de funcións do alcalde

O grupo municipal CxG (Compromiso por Galicia) de Punxín anuncia que pedirá nun próximo pleno a incapacitación do alcalde, “por deixazón de funcións, ó non atribuir ao equipo de goberno a principal función como é o control e elaboración do orzamento municipal”, segundo sinala o portavoz, Eladio Fernández.

O concelleiro asegura que “o goberno bipartito de Punxín non dispón de concelleiro de Facenda e os orzamentos anuais fainos a secretaria”, e considera que “o grave da cuestión foi a aseveración do alcalde”, referíndose á resposta que lle diu no último pleno de que “ninguén do goberno se ocupa da área de Facenda, nin de facer e estruturar o orzamento municipal (por outra banda a tarea máis importante dun goberno que se precie de interesarse por o pobo”, matiza.

Deste xeito, engade Eladio Fernández, que a secretaria é a que dirixe as competencias propias da concellería de Facenda, “desde facer o orzamento e distribuir  as partidas de ingresos e gastos”, polo que opina que “a secretaria por consentimento do alcalde dirixe o Concello de Punxín”.
Por todo elo, CxG vai pedir a “incapacitación” do alcalde, Manuel Vázquez, “por deixación da principal obriga como é a confección e control do orzamento municipal, competencia  do goberno, tal como establece a lexislación vixente”.

Te puede interesar